TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
SORTEO DE NADAL
O Concello de Allariz presentou onte, en colaboración co sector do comercio e a hostalería local, a súa campaña de Nadal baixo o lema “O Peto dos Desexos”. Esta iniciativa, que busca incentivar as compras locais e dinamizar a economía da vila alaricana durante a época festiva, ofrece un total de 1.000 euros en premios entre tódolos participantes. A campaña dará comezo mañá e estenderase ata o vindeiro 6 de xaneiro, ambos días incluídos.
O importe total que se repartirá distribúese en dous premios de 250 euros e cinco de 100 euros. Para participar, os clientes dos establecementos comerciais e de hostalería de Allariz deberán xuntar tíckets de compra ata sumar un valor total de 30 euros e depositalos, xunto coa “Tarxeta dos Desexos”, nun dos dous Petos dos Desexos, situados no Alto do Portelo e na Alameda.
Ademais tódalas compras que se realicen durante este período entrarán automaticamente no sorteo, que terá lugar o 8 de xaneiro, ás 11:00 horas, nun acto público no Alto do Portelo. As bases do sorteo están dispoñibles en allariz.gal/nadal.
Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e María López, concelleira de Comercio, destacaron a importancia de apoiar o comercio local. “Mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a nosa economía local, estamos axudando ás nosas veciñas e xerando emprego. É responsabilidade de todos mercar de xeito responsable para contribuír ao crecemento do sector,” sinalaron.
Esta campaña complétase cunha serie de actividades e unha coidada decoración de Nadal, cuxa estrea terá lugar esta noite, a punto para a ponte festiva, e coa que se busca atraer visitantes e crear un ambiente único para o comercio e a hostalería locais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 2 de noviembre?
PEOR CAMPAÑA DE SETAS
El campo y los cultivos de invierno, sedientos de lluvia en Ourense
TENDENCIA A LA BAJA
Las reservas de agua en la provincia de Ourense bajan hasta el 54%