O Nadal alaricano deixa 1.000 euros en vales de compra

IMG-20230110-WA0005
photo_camera Cristina Álvarez e María López.
A edil de Promoción económica, María López, xunto con Cristina Álvarez, técnico do mesmo departamento, realizaron o sorteo: Repartironse dous vales de 250 euros cada un e outros cinco de 100 euros para mercar, durante todo o mes de xaneiro, no comercio local. 

Os alaricanos dixeron adeus ao seu Nadal logo de máis dun mes repleto de diferentes actividades e no que Allariz volveu a converterse nun dos puntos preferidos polos visitantes para gozar das decoracións máis típicas desta época. 

A despedida fíxose esta semana por todo o alto co sorteo do Peto dos desexos, unha iniciativa que se ven desenvolvendo nos últimos anos na vila con gran aceptación para premiar aos compradores do comercio local nestas datas. A campaña consistiu no reparto de 15.000 papeletas entre os comerciantes que se sumaron á iniciativa e que foron repartindo aos clientes. Estes, á súa vez, tiveron que xuntar tíques por valor de -mínimo- 30 euros, o que supoñía unha papeleta que podían depositar nos buzóns, que estiveron repartidos por toda a vila durante as últimas semanas. Cantas máis papeletas cubertas, máis posibilidades de gañar premios. 

A edil de Promoción económica, María López, xunto con Cristina Álvarez, técnico do mesmo departamento, realizaron o sorteo: Repartironse dous vales de 250 euros cada un e outros cinco de 100 euros para mercar, durante todo o mes de xaneiro, no comercio local. Neste senso, tamén se extraeron outras sete papeletas de reserva por se algún dos premiados iniciais non cumprise con todas as condicións do sorteo. 

A concelleira de Promoción económica e Turismo de Allariz, María López, amosou a súa satisfacción coa “alta participación” acadada nesta iniciativa, e agradeceu as compras feitas “no comercio de proximidade”

Te puede interesar