POBO FANTASMA | CHAIOSO

Pobo Fantasma de Chaioso: Unhas noites terroríficas do 12 ao 14 de agosto

A pequena aldea do concello de Maceda terá o seu gran evento do verán cun percorrido escalofriante

Chaioso, unha pequena aldea pegada á capital do concello ourensán de Maceda comeza esta fin de semana o divertido pesadelo, o 12,13 e 14 de agosto, onde transfórmase no “Pobo Fantasma”. Todo o mundo que visita este pobo ten uns desexos de rirse e levar algún que outro susto coas máis diversas criaturas que se esconden nas rúas.

Este “Pesadelo” organizado pola Asociación Veciñal de Chaioso e coa colaboración de máis de oitenta voluntarios caracterizados farán que durante 40 ou 50 minutos que dura o percorrido guiado sexa en grao sumo entretido. O prezo por persoa son 6 euros e comezará a partir das 23 horas os 3 días da fin de semana. As entradas recóllense na mesma porta de entrada, non é posible reservar previamente. As anécdotas dalgúns visitantes doutros anos, fanos ver como será a experiencia. 

A primeira indicación na porta sen retorno: “Pousar para unha foto, quizá vosa última foto, sabemos cantos entran, pero… Cantos sairán?”. A voz dun peculiar cabaleiro templario, o guía durante todo o traxecto, dá as indicacións pertinentes á vez que os visitantes penetran nun corredor de estatuas estáticas, ou tal vez, non tan estáticas… todo isto co incesante repenicar “a defunto” da campá.

Séguese por un canelón onde tes que esquivar cadáveres momificados, de súpeto un berro na noite: «Demo volve aos infernos e deixa en paz a pobre alma desta nova», gritaba un sacerdote desesperado vendo como Lucifer apoderábase doutro corpo. A continuación, unha sala cirúrxica onde un parente do doutor Frankenstein mostraba a operación errada que convertera a un mozo nun monstro de varias pernas e brazos e que se esforzaba en manter con vida.

E cando crían que terían un ratiño de relax porque convidáronos a unha festa de aniversarios… víronse no medio dunha festa pesadelo dirixida por “pallasos, asasinos e psicópatas”. De momento lograron saír con vida, pero uns cirios vermellos e unhas bruxas ao servizo de Satán non presaxiaba nada bo… e así foi, un demo que mediante un esconxuro e unha apócema pretenderon aumentar o número de adeptos e quedar con aqueles pecadores do grupo.

Lograron escapar por un túnel psicodélico e cando crían estar a salvo, un estraño cemiterio habitado por non menos estrañas criaturas. A visita desemboca agora nun parque infantil onde as desgrazas do pobo provocaron que os nenos estean atrapados para sempre alí aferrándose aos visitantes coa esperanza de ser rescatados por eles, por fin vemos luz, e unhas “tenras” relixiosas trasládalles a un colexio de rectos ensinos nun salto temporal cara ao pasado.

Atopan agora cun accidente… unha funeraria chocada e o cadáver tamén accidentado… tentan socorrelo, pero a silueta dunha figura… e o son da motoserra que leva nas mans failles pensar que a mellor idea é saír correndo… carreira que nos desemboca nunha singular carnicería onde garantízalles que a carne “era moi moi fresca, tenra e zumenta”. Así sería unha experiencia do que será o percorrido do “Pobo Fantasma” os días 12,13 e 14 de agosto en Chaioso. Promete emocións fortes para os valentes que atrévanse a visitar un pobo que parece tranquilo, pero cando te sumerxes nel, convértese en terrorífico.

Te puede interesar