O Peto dos Desexos volve repartir 1.000 euros en Allariz
ENTREGA DOS VALES
Este mércores entregáronse os dous vales de 250 euros e outros cinco de 100 para facer compras no comercio local de Allariz
O Concello de Allariz realizou onte á mañá, na sede do Museo Galego do Xoguete, o sorteo dos diferentes premios correspondentes á súa campaña de Nadal, “O Peto dos Desexos 2024/2025”. Esta iniciativa de dinamización comercial, que xa se vén realizándo na vila alaricana nos últimos anos, conta cunha ampla participación.
María López, concelleira de Promoción Económica, acompañada por Cristina Álvarez, técnica de Promoción Económica, foi a encargada de repartir os dous vales de 250 euros cada un, así como outros cinco por valor de 100 euros, entre tódolos clientes do comercio e hostalería de Allariz durante estas datas que xuntaron os comprobantes das súas compras de Nadal.
Para participar era necesario facer unha compra mínima de 30 euros, para o que se podían xuntar varios comprobantes, sempre que se mercara entre o 5 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro deste mesmo ano.
Tamén se extraeron sete papeletas de reservas por se algunha das persoas agraciadas non cumpriran as condicións do sorteo. Tódolos premiados no Peto dos Desexos de Allariz disporán agora de todo o mes de xaneiro para poder canxear os importes dos seus premios no comercio local da vila.
"Satisfacción" pola campaña
A responsable da concellería de Promoción Económica, María López, amosouse satisfeita pola alta participación no sorteo do Peto dos Desexos, e aproveitou para agradecer as compras no comercio de proximidade, “porque mercar en Allariz sempre ten premio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior