O pleno de Allariz rescinde o contrato para o parque eólico singular

ALLARIZ (OURENSE) 22/07/2021. Pleno extraordinario del Concello de Allariz celebrado el jueves 22 de julio. Miguel García
photo_camera Pleno extraordinario del Concello de Allariz celebrado el jueves 22 de julio. Miguel García
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza anulou a resolución da Xunta e impide a execución

A Corporación local de Allariz celebrou a última hora deste xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo con nove puntos na Orde do Día. Un dos principais foi dar conta ao resto dos concelleiros das condicións do convenio plurianual establecido entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o propio Concello de Allariz e mediante o que se financiará a redacción da revisión do Plan Especial de Protección do Casco Histórico. 

Outro dos aspectos ratificado polo plenario foi a derogación do contrato do parque eólico singular. Neste senso, no 2009, o Concello de Allariz, logo dun concurso, fixo a contratación á empresa Allarluz de dous muíños. Sen embargo, tal e como explicou a alcaldesa alaricana, Cristina Cid, a execución quedou paralizada por mor de varias cuestións xurídicas que afectaban á resolución da Xunta de Galicia, organismo que facía posible a instalación de parques eólicos singulares. “Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a resolución da Xunta. Todos aqueles concellos que tiñamos tramitado a construcción dun parque eólico quedamos sen poder executalos”, puntualizou Cid. 

A empresa axudicataria solicitou por todo o anterior a rescisión do contrato para recuperar o aval depositado. “Non é posible executar o parque eólico coa sentenza que hai e a resolución que a Xunta non modificou”, explicou a alcaldesa. “Trátabase dun parque moi pequeno e concellos coma o noso tiñamos aí un beneficio importante. A día de hoxe teriamos ingresado máis dun millón de euros de canon con so dous muiños”, engadiu.

Por outra banda, na sesión plenaria tamén se abordou a aprobación definitiva da conta xeral correspondente ao 2020. A variación máis grande neste senso foi a diminución do capítulo de ingresos debido ás taxas que non puideron cobrarse por mor da situación derivada da pandemia. “Cumprimos coas reglas fiscais, que non estaban en vigor, e cun resultado positivo no exercicio de 500.000 euros”, precisou a alcaldesa de Allariz. “Reducimos do periodo medio de pago a proveedores, pasando de 140 días a 74 días”, engadiu. 

O PSOE presentou unha petición para rehabilitar o enlousado do casco histórico que o Goberno rexeitou a priori: “Boa parte provén da compra que o Concello fixo das pedras do castelo e da muralla. Lóxicamente esto fai que o firme non sexa regular, hai pedras gastadas polo paso dos séculos”, manifestou Cid. A moción foi finalmente aprobada por unanimidade logo de inlcuirse a modificación pola que se pedía a reparación das lousas en mal estado. Os nacionalistas, pola súa banda, rexistraron outra a prol dunha tarefa eléctrica que non valore o prezo do kilovatio pola enerxía máis cara xerada, senon polo valor de producción.

Te puede interesar