Rouban unha campá na ermida de Don Franque

A fachada da ermita, cunha das campás.
photo_camera A fachada da ermita, cunha das campás.

Investigan o roubo dunha das campás da ermita de Don Franque, en Maceda, valorada en uns 2.500 euros

A semana pasada un grupo de descoñecidos asaltou a ermida de Don Franque e roubou unha das campás da ermida, que pertence aos pobos de O Soto, Outeiro da Torre e Casonel, no concello de Maceda. 

O párroco da ermida, Manuel Pérez, comentou que o delito produciuse a semana pasada: “Isto aconteceu hai unha semana. O sitio é un descampado bastante grande e a xente vai alí a facer botellón”, explicaba o párroco.

“É relativamente fácil subirse ata arriba do campanario pero para poder mover a campá tiveron que ser varias persoas para poder facelo”, comenta Manuel Pérez.

“Estímase que pode valer arredor duns 2.500 euros. As persoas que roubaron a campá non puideron cometer o roubo entrando cun vehículo grande coma unha furgoneta, debido a que hai un cercado que non permite o acceso aos coches. Polo tanto tiveron que facelo en grupo e movendo a campá cunha corda probablemente”, explica Manuél Pérez.

A Garda Civil de momento está en plena investigación  para atopar o ladrón da campá. Ata o momento non se descubriu quen foi o infractor do delito.

Te puede interesar