TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
O núcleo de San Cristovo, en Paderne de Allariz, mellorará o seu sistema de abastecemento grazas a un convenio entre o Concello e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade por valor de 275.000 euros -a primeira aportará o 20 por cento da contía total e a segunda o restante, o 80 por cento-.
Na xornada deste xoves, a Administración Autonómica remitiu a proposta de acordo que solventará as deficiencias existentes neste ámbito. Na actualidade e tal e como explicaron dende a Xunta, o concello de Paderne de Allariz conta cunha rede de abastecemento que dá subministración a todos os núcleos do municipio salvo a San Cristovo. Isto é debido a que o depósito de cabeceira se atopa a unha cota inferior ao dito núcleo, polo que a súa poboación abastécese na actualidade a través de acometidas particulares ou colectivas.
Dende Augas de Galicia búscase solucionar os problemas descritos a través da execución dunha rede de abastecemento composta por conexión con rede existente, bombeo, novo depósito, impulsión de subministración e unha rede en árbore para distribución.
Estes traballos contarán cun prazo de execución de 5 meses e o Concello de Paderne asumirá a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
MÉDICOS E INVESTIGADORES
Ourense descifra su longevidad en el Foro La Región
UN CAFÉ SOLO
¿Y si tocamos?