TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
A organización do Tangaraño Cultural de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía, desprazouse esta pasada fin de semana á localidade de Rebordechao, en Vilar de Barrio, para continuar coas actividades enmarcadas dentro da súa oitava edición, un acontecemento que neste 2021 e por mor do covid-19, terá que adaptarse ás restriccións sanitarias vixentes.
Por primeira vez o festival, que recolle música, poesía e obradoiros; desprazouse ata Vilar de Barrio, onde estaba prevista unha andaina pola Serra de San Mamede que tivo que ser suspendida pola choiva.
O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, e a organización, decidiron levar a actividade prevista ao interior do local social de Rebordechao onde, coas distancias e medidas de seguridade oportunas, algúns veciños disfrutaron de bica de castaña e tarta de mazá, así como de produtos locais. Tamén houbo tempo para gozar dalgunhas das actuacións previstas.
O Tangaraño desprazarase o vindeiro sábado, día 22 de maio, ata Baños de Molgas, onde se vivirá a única actividade con aforo de 50 persoas. Actuarán Andrés Fernández, Xurxo Novoa y Daniel Soldevilla.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525