Veciños de Allariz quedan sen conexión a internet pola rotura dun cable de alta tensión
Usuarios de Allariz e concellos limítrofes atópanse sen servizo de internet desde as doce da noite de onte. Bernardo Varela, tenente de alcalde, explica que este problema afecta a varias compañías, mais non a todas.
Desde o Concello de Allariz emitiron un comunicado no que explican que xa se puxeron en contacto coas distintas operadoras, e no texto, publicado e difundido a través das súas redes sociais, informan de que a incidencia débese "á rotura dun cable nunha torre de alta tension a 5 kilómetros de Allariz"
A consecuencia deste accidente, "produciuse un fallo no servizo de distintos operadores. Están a traballar no arranxo e contan conquerilo o longo desta mañá", valoran.
O Concello conversou con tódalas compañías e traballa na posta en marcha de novo do servizo para minimizar os prexuízos sufridos pola cidadanía e tamén os comercios, xa que mentres non se restaure o servizo tampouco funcionan os TPV dos establecementos hosteleiros, por exemplo, nun día tan importante para o comercio da vila como é o sábado.
Non obstante, a hora de regreso da conexión a tódolos fogares con servizo de internet contratado poderíase retrasar se ocorren novas incidencias durante o proceso de reparación.
En calquera caso, "recoméndase non manipular os sistemas de conexión, para evitar desconfigurar os equipos. Para calquera consulta, contactar co seu operador", conclúe o comunicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
No es una opción, es un mandato constitucional
FÚTBOL SALA FEMENINO
Meigas y el Rodiles, los rivales del Ontime B y Estrela Cortegada
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La piel para atrás al mear