As xornadas de carne de boi regresarán en outono
Un total de 24 establecementosofrecerán tapas e creacións especiais
Co outono regresan este ano tamén as Xornadas de Carne de Boi de Allariz, que este ano cumprirán a súa décimo primeira edición. Un total de 24 establecementos da vila ofrecerán menús especiais e tapas nas que o ingrediente principal será, precisamente, a carne de boi de Allariz. Neste senso, aseguran dende o Concello, o número de participantes, así como as variedades ofertadas, non deixa de medrar ano tras ano.
A nova entrega das xornadas gastronómicas celebrarase dende o vindeiro 30 de setembro ao 12 de outubro e, durante todo ese periodo, haberá concurso de tapas, varias actividades no Mercado da Reserva da Biosfera e, por último, premios para as persoas que se acheguen eses días a degustar as propostas alaricanas e se animen a participar nos sorteos. Nesta liña, ofreceranse vales para gastar no comercio local, así como un premio xeral que se sorteará entre os propietarios das papeletas nas que figure que se consumiron todas as tapas.
Co gallo das xornadas, recuperarase a iniciativa posta en marcha o pasado ano e que levou por título “Papando no boi”. O obxectivo será premiar á primeira persoa de Allariz que consuma todas as tapas da vila. Como condición para recibir este premio, o comensal deberá contar con tarxeta cidadá de Allariz.
Nos vindeiros días na web www.allariz.gal/carnedeboi/ estarán actualizados os menús, as tapas e as bases para participar nos sorteos.
Dende o Concello recordan que as xornadas están vencelladas ao proxecto de cría de carne de boi. Este programa caracterizase, subliñan, “pola cría de bois en extensivo para producir carne de calidade e comercializar un produto diferente que sirva de dinamizador da nosa hostalería. Ademais, esta cría en extensivo axuda a manter a superficie forestal limpa”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
Rosendo Luis Fernández
Unha volta de "tuerca" nas denuncias
CORRUPCIÓN EN EL PSOE
Cargos de Deloitte declaran por la cátedra de Begoña Gómez
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Historia de amor de una ciudad
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 22 de diciembre