LUCÍA MARTINEZ GONZÁLEZ. Nova presidenta da organización Galiza Nova

‘A mocidade é algo perezosa’

 Lucía Martínez González.
‘Galiza Nova é a única organización política xuvenil que existe na comarca’, lembra a presidenta, Lucía Martínez.

Acadar a nivel organizativo a constitución como comarca propia que fai uns meses realizou o BNG e consolidar o respaldo dos xóvenes militantes das comarcas Terra de Celanova e Baixa Limia motivou a renovación da directiva de Galiza Nova. A celanovesa Lucía Martínez preside esta nova etapa na organización xuvenil.

Cales son os obxetivos para esta nova andadura?

O primeiro é coñecer a situación organizativa a nivel comar cal, polo que realizaremos xuntanzas nas vilas para coñecer a problemática da mocidade e onde lles explicaremos cales van ser os obxectivos desta nova executiva. Ademais, intentaremos recuperar actividades feitas por compañeiros noutras datas como o Encontro das Mocidades do 1998 e volveremos a reivindicar a desexada piscina climatizada de Celanova que foi rechazada polo alcalde, Antonio Mouriño.

Logo, políticamente, Galiza Nova non pode permanecer impasiva ante a aberración que pretende o PP co traslado do Instituto, polo que solicitaremos a adhesión á plataforma e comezaremos a artellar un plan de traballo a nivel comarcal.

Como acolleron as bases o cambio?

A resposta da militancia non podo valorala máis que de excelente, xa que se dialogou e se acordaron uns obxectivos que foron o motivo de que a militancia se anime de novo a participar e traballar.

Incrementou o número de militantes na comarca?

Galiza Nova é a única organización política xuvenil que existe na comarca. A data de hoxe a militancia é bastante elevado destacando localidades como Celanova, Ramirás, Verea ou A Bola onde existe maior representatividade e na actualidade estase a incrementar moi notablemente. E, na medida que vaiamos visitando as localidades, irá en aumento. Existe un feito que é o traslado do IES Celanova que está a facer que a mocidade dé o paso a coñecer a organización ou mesmamente a afiliarse, polo que o argumento de que a xuventude permanece impasiva ante as decisións políticas é claramente falso porque estamos a observar o contrario.

Son os xóvenes comprometi dos co que fan?

Non creo que a mocidade sexa pasiva, pero si algo perezosa. Hoxe calquera mozo ou moza co que falemos na rúa percibe claramente cal é a situación do seu entorno e, unha vez que se moviliza, é comprometida coa causa.

Te puede interesar