Alfredo Cid Boo

Domingo, dous de decembro, érgome e comunícanme a triste nova: un veciño, un compañeiro que serviu ós habitantes de Seixalbo durante moitos anos, dende a directiva da asociación San Breixo, deixounos para sempre. E como acontece nestes casos, a triste nova lévanos á unha reflexión e unha posterior meditación sobre a brevidade da vida, para tirar dos recordos que, ao final, é o que nos queda da xente coa que tivemos a honra de convivir.
Alfredo, foi un home, unha persoa, moi querida por todo o vecindario de Seixalbo. Foi un ser amable, servicial e, sobre todo, un veciño exemplar. Comprometeuse, como outros membros da súa familia, na defensa daquelas cuestións que tiñan interese para a comunidade social. Foi membro da directiva da Asociación de veciños durante máis de 10 anos, colaborador de Agromadas, e sempre estivo ao servizo de todos para defender aquelas cuestións públicas de interese comunitario. Por eso Alfredo, ademais de ser un modelo a imitar por todos, deixa en Seixalbo un valeiro moi dificil de cubrir.

Séntido pésame a súa dona, fillos, irmáns e demais familia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director