DEICA LOGO DON PEDRO CRESTELO,HOME DE BEN

Aínda cos ollos húmidos da súa partida, co corazón atinxido por una fonda ferida de dor e na certeza de que estas verbas chegarán ata onde se atope, no Paraíso dos bos e xenerosos, quero decirlle meu querido xefe e amigo, que foi semente de home de ben, home de concordia sempre, servidor exemplar e predicador da humildade, espello o que vai resultar imposible mirarse.
A súa saída cara a viaxe final acompañada da familia, xefes e compañeiros daqueles tempos e de agora, das autoridades de Ourense, dos veciños de moitos lugares, procesión contínua de agradecemento a súa pasaxe, deron mostras da súa semente de home de ben, poida que irrepetible por moitos moitos anos. Moita tamén será a xente deste noso querido pobo de Ourense que o lembrará sempre; nós, os que tivemos a sorte de telo ó noso carón, levarémolo sempre no arquivo dos mellores rexistros, no corazón.

Graciñas amigo, graciñas xefe por todo o ben que nos comunicou, pola humanidade que soltaba por cada un dos poros da súa pel, polos moitos intres pasados, algún deles tal vez de dificultade e se cabe de tristura, sempre resoltos coa súa sabiduría e prudencia exemplares e únicas. A súa familia, a pesar da dor deste golpe fatal da condición humana, poden e deben de sentirse ledos por telo entre ela.

Gracias, xefe, gracias amigo, e perdoe porque non me atreva a tutéalo, nin agora.… Reciba a aperta máis fonda e sentida, na certeza de que lle vai chegar, aperta que estendo a toda a súa familia, reflexo da súa imaxe.

Te puede interesar
Más en Cartas al director