SOBRE HEROES E ESTÚPIDOS

Encetamos xa o momento da inocencia.
E sen decatarnos, espertamos cada mañá coa ilusión acompañándonos á outra beira da cama. Despois, ao longo do día, semella como que a mesma vai procurando a maneira de desentenderse de ti.

Neste alborecer ao saír de casa boteime a chorar. Non o sei explicar. Nin me sinto capaz. O vento da mañá dábame na cara e desta vez non eran aloumiños. Doíame. Por iso chorei. Como cando daquela descubrín que a maxia marchara. Non sabía a onde nin cara onde. Nin nunca o souben. Mais marchara. ?Nestas datas de luces de cores e néboas que acubillan, as intencións son todas de bos desexos, apertas, bicos e xestos que aspiran a ser sinceros. Aspiran.

Esta mañá chorei. Atopándome no andar con outros andares que tamén choraban. Os motivos deles eran distintos. Diferentes. O meu chorar ao lado deles era un chorar estúpido. Dunha persoa estúpida. A estupidez nestas datas semella sempre aínda máis estúpida. E máis aínda coa triste realidade de que xa somos absolutamente incapaces de desentendernos dela.

Te puede interesar
Más en Cartas al director