¿por qué os politicos non pagan?

Cando falamos de 'corporación municipal' todos entendemos que estamos a falar dos membros do Pleno do Concello, é dicir do alcalde e dos concelleiros.
Pero esta definición parece que en Maceda ten un significado distinto. Esto ben a colación polo acontecido na V Cea Popular das Festas das Neves. Todo escomenza o día anterior a celebración do acto, cando o señor alcalde se pon en contacto connosco, para ofrecerlle ao noso grupo os tickets necesarios para acudir ao evento. A nosa resposta, de sorpresa, foi preguntar, 'e logo, trátase dun presente que o señor alcade a título persoal (e dicir pagándoos do seu propio peto) nos fai aos membros da corporación? Pero a resposta do señor alcalde foi menos loable, 'os membros da corporación non pagan, de sempre'. Como é, ao noso entender, lóxico, declinamos esta prebenda, xa que si todos os veciños pagan, ¿por qué os políticos non o van pagar?

Pero a nosa sopresa foi ao chegar a cea, e atoparnos coa mesa reservada para a Corporación, máis de cincuenta pratos, nin a do concello da capital ten tantos membros. Maceda, pola súa poboación censal, elixe a once concelleiros, dos que un é do PSOE, cinco son do BNG e cinco do PP.

Te puede interesar
Más en Cartas al director