¡quieto, parado!

Catro por cento de paro en Austria.
Sete en Hungría. Imos ben. 6,6 % en Holanda. 7,4 en Dinamarca. 7, 9 en Finlandia. 8 % en Suecia. 10,6 en Francia, 11,7 en Italia. Deséxasmolle sorte a Beppe Grillo. Agárrense os cintos que ascendemos perigosamente: 14,7 en Irlanda e 17,6 en Portugal. Saltamos ó 26 por cento de paro en España. Só superado polo 27% de Grecia. E que chova, non? Pois xa chove xa, e sen escampar. Pode que sexan as borrascas atlánticas. Pero tamén pode ser outra cousa. Abrónchense os cintos outra vez. Voamos sobre a tormenta dos mercados, o tornado da burbulla pinchada e a cicloxénesis explosiva da política monetaria. Xa vemos a torre de control pero hoxe non ten persoal. Desta sairemos coma galegos? Si, por suposto, sairemos a Alemania, Suiza, Inglaterra, Canadá ou Nova Zelanda.

Te puede interesar
Más en Cartas al director