TITULARES E CONCLUSIÓNS

'O Nacionalismo dilúese en Galicia e sae reforzado no País Vasco'. 'Feijóo ampla a maioría absoluta en Galicia, malia sumar menos votos que en 2009'. Analizando o primeiro dos titulares, sorpréndeme, como di algún medio de comunicación, que Beiras cunha proposta nacionalista e independentista conseguise 200.101 votos, que sumados aos do BNG, supoñerían un total de 345.490 votos que supoñen un 24,15% do voto: Dilúese o nacionalismo en Galicia?
O segundo titular é incuestionable, o PP con 145.000 votos menos alcanza 41 deputados. Mirémolo por onde o miremos é obvio que o PSdeG retrocede, e tamén o BNG; pero dicir que o nacionalismo se dilúe e que os resultados dan ás á austeridade de Feijóo, creo que ambas as dúas son unha inconguencia. Deberiamos, pola contra, fixarnos no señor Beiras, que cun programa nacionalista e independentista, e grandes aseveracións, ademais de escasos recursos, consegue un apoio histórico?

Uns e outros deberían reflexionar sobre os datos. Mírese por onde se mire, é evidente que o nacionalismo se está a incrementar, os votantes cada vez están máis cansos e as mensaxes deixan de ser importantes. Espero e desexo que o futuro do meu País, Galicia, non se decida polos titulares e as conclusións. Señor Feijóo, somos o que somos, galegos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director