Aberto o prazo en Celanova para os obradoiros de memoria
O Concello de Celanova, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR 2.0) e o Centro Sociocomunitario da vila, promove e patrocina unha nova edición dos obradoiros de memoria e estimulación cognitiva.
A actividade, que se impartirá os mércores de 16,30 a 18,00 horas, e os venres, de 10,30 a 12,00 horas, está aberta a todas aquelas persoas que o desexen. Nas sesións, que se desenvolverán no centro sociocomunitario ubicado no Mosteiro, se traballará a estimulación activa e cognitiva como fórmula de prevención desta complexa enfermidade con diferentes técnicas e dende un enfoque dinámico e divertido.
A organización sen ánimo de lucro xurdiu no 1995 para mellorar a calidade de vida dos usuarios enfermos de alzhéimer e apoiar aos coidadores e familiares e, no 2010, foi declarada de Utilidade Pública.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BUEN COMIENZO
Cea acogió el Encuentro de los Santos Misioneros
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
El hombre que bebe agua del mar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Xi gana a Trump