NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Música, baile e tradición daranse cita hoxe, sábado, no salón de actos do mosteiro de San Salvador de Celanova, con motivo dunha nova edición, é xa van catro, da “Foliada Celavella”.
A agrupación local Pandereteiras Celavella promove un evento que cada ano vai sumando sona e participación dos afeccionados á cultura galega, contando na xornada deste sábado coa participación das Pandereteiras do Forrollo de Cartelle, as Rebulideiras de Ramirás, Tokaide de O Carballiño, Charamusgas de Gustei, a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir de Ramirás, Ruxas da Aoft de Ourense, o Grupo oficial de música de Rebulir (Ramirás), a agrupación De Pé Feito de Ourense, Xúa Pandereteiras de Ourense, Feitizo de Pau de Cea, Lembranza Solpor de Celanova, as Bandas de Gaitas dos Concellos de Celanova e Verea, máis as anfitrioas.
O programa arrancará ás 20,00 horas coa benvida, seguida da actuación dos diferentes grupos e, a partir da medianoite, foliada libre. Nesta edición, Pandereiteras Celavella contou coa colaboración económica da Deputación provincial de Ourense, mentras que o Concello de Celanova puso a súa disposición o espacio de actuación, o antigo refectorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Antibióticos: No malgastar
ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño