A estrada de A Bola será máis segura en oito meses

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou onte as obras de mellora nun treito da estrada OU- 131 no Concello de A Bola, entre Sampaio e O Furriolo por un importe de máis de 1,6 millóns de euros. O obxectivo será incrementar a seguridade no tramo a executar. Esta estrada canaliza parte do tráfico que proven da estrada Xinzo de Limia- Allariz- Celanova (OU- 531). Desta forma, adaptarase este tramo da estrada OU- 131 ao Plan de Baixa IMD.
O tramo onde se vai a actuar ten unha lonxitude de 7,9 quilómetros e un ancho de 9 metros, con carrís de tres metros de ancho cada un e 0,50 metros de beiravía.

Para esta actuación, procederase a escavar preto de 19.000 metros cúbicos de terra, para despois proceder a cubrir a superficie con 11.000 toneladas de formigón. Ademais, farase un tratamento especial sobre 17.000 metros cadrados de plataforma vial. Esta actuación rematarase coa instalación do drenaxe lonxitudinal e transversal e da sinalización e balizamento. O prazo de execución das obras será de oito meses e permitirá mellorar a seguridade vial dos máis de 7.000 veciños de A Bola.

Te puede interesar