O Parlamento aproba a iniciativa do PSOE de manter libre de peaxe o enlace ca A-52

A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento de Galicia aprobou onte por unanimidade unha iniciativa socialista para a execución do eixo de comunicación Ourense-Celanova-Fronteira portuguesa, tal e como foi aprobado e licitado polo anterior goberno bipartito.
O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, presentou esta iniciativa encamiñada a garantir a execución dunha obra ‘fundamental para o reequilibrio territorial do interior de Ourense’, ao tempo que reclamou que a Xunta ‘respecte os contratos e manteña o proxecto de liberalización da peaxe tal e como está previsto no contrato de concesión. E que as máquinas comecen a traballar xa para que a estrada remate canto antes’.
Longa noite de pedra

O parlamentario socialista lembrou a ‘inquedanza’ xerada polo presidente da Xunta nunha visita a vila de San Rosendo ‘na que puxo en dúbida o proxecto da infraestrutura, sementando o desacougo entre os veciños da zona’. Según López Vidal o novo eixo de comunicación ‘leva paralizado dende o pasado mes de abril nunha longa noite de pedra dende a chegada do PP ao Goberno’, polo que reclamou que a aprobación desta iniciativa ‘sirva como garante para a execución desta infraestrutura fundamental’.

Te puede interesar