Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”

Promovido polo profesor e poeta Xoán Carlos Domínguez Alberte e contando coa colaboración da Fundación Curros Enríquez e co patrocinio deste Concello, acaba de saír da imprenta o libro “Aires de Pedra. Escolma de Poetas da bisbarra de Celanova” que, segundo o seu coordinador, “ten como fin primeiro visibilizar o conxunto da produción poética, feita na lingua propia deste país, dunha área senlleira do ámbito occidental peninsular. O territorio que, historicamente, se une arredor de Celanova e que arestora abrangue a demarcación de senllas comarcas, Terra de Celanova e Baixa Limia”.

O acto de presentación desta publicación na Casa dos Poetas contou coa presenza de varios autores da escolma así como representantes familiares dalgún dos xa falecidos.

Interviron no acto Antonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez; Xoán Carlos Domínguez Alberte, coordinador da escolma, e leron as súas composicións algúns dos poetas da bisbarra presentes: Carlos Méndez, Paulino Vázquez, Baldo Ramos, Noelia Rodríguez e Xoán Carlos Domínguez Alberte. A nota musical foi a cargo de dous componentes da Banda de Música de Celanova.

Te puede interesar