PP e BNG tildan de “tasazo” a suba do lixo en Celanova
SERVICIOS DE LIMPIEZA
Os socialistas aseguran que a suba vén marcada por una transposición europea
PP e BNG votaron onte en contra da suba do recibo do lixo proposta polo goberno municipal conformado por CD e PSOE. O incremento ata os 85 euros no rural e 108 na vila e que saíu adiante co voto de calidade do alcalde Antonio Puga, foi froito do acordo acadado no seo da Mancomunidade Terra de Celanova -no que está delegado o servizo de recollida de lixo de 8 dos 10 concellos da comarca- para asumir a suba do canon de Sogama e tratar que non sexa deficitario.
A voceira de Celanova Decide, Sandra Feijóo, indicou que “ninguén quere esta suba, pero non queda outra”, dixo á vista dos informes da Mancomunidade, explicando a premura da aprobación para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro e que no 2025 traballarán nunha nova ordenanza con bonificacións “con criterio e estudos previos”, dixo. Pola súa banda, a socialista Tere Barge lamentou ter que aplicar unha suba que vén marcada por unha transposición europea “pero é consecuencia dun comportamento e de non tomar en serio o que nos vén encima”, dixo.
Pablo Pérez, voceiro do PP, pediu sen éxito que se retirase o punto da orden do día “ata que haxa un informe real e eficiente”, despois de sinalar que o cálculo feito está baseado “nun informe previo e provisional da Mancomunidade á espera do informe da Deputación“, dixo tildando de “tasazo” unha suba que non contempla o canon de Sogama bonificado pola Xunta nin os posibles ingresos do Fondo de Compensación Ambiental. Pérez instou a traballar na elaboración dunha nova ordenanza que xa contemple as bonificacións. A nacionalista Ernesta Seoane tamén rexeitou o “tasazo” e o modelo da Xunta de queimar o lixo, propoñendo buscar alternativas na reciclaxe, tal e como manda a normativa europea.
Horas extra
O alcalde comentou que houbo varias reunións no seo da Mancomunidade onde se abordaron diferentes cuestións, mesmo o traslado do servizo á Deputación, e finalmente todos os rexedores acordaron fixar en 85 euros o recibo normal. Asemade, lembrou que a suba non será suficiente para facer fronte ao custe real do servizo, cuxa diferencia abonará o Concello.
Na sesión aprobouse a instalación dun punto da Policía Nacional e senllas modificacións para abonar as horas extra da Policía Local e para obras no rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El retiro dorado
PREDICCIÓN METEOROLÓGICA
La estadística sugiere que no habrá nubes el día del eclipse
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto