O PSOE de Lobios alerta do exceso de matorrales

 O PSdeG-PSOE de Lobios acusa á alcaldesa do PP, Mari Camen Yáñez, de “mirar para outro lado” namentres a maleza invade a localidade de Esperanzo, pondo en “grave” risco as propiedades e a vida da veciñanza en caso de producirse un incendio. Os socialistas aseguran que hai dúas fincas situadas dentro do perímetro urbano que se atopan dende fai anos convertidas en “selvas”, mesmo con vehículos abandonados no seu interior, pero segundo explican, “a alcaldesa, a pesar de ter competencias para proceder á limpeza das mesmas, prefire obviar a situación, nun claro caso de desleixo á veciñanza”.

Trala denuncia presentada no Concello, e sen opter resposta ás tres cartas certificadas remitidas aos actuais propietarios, “o Concello ten que facelo de forma subsidiaria e pasarlle posteriormente o importe da limpeza ou unha multa aos propietarios”, di o secretario de organización da nova executiva local, Patrick Rodríguez González.

O partido vén de reforzar a súa posición orgánica no municipio, despois da creación da Agrupación Local Socialista con Iván Rouco Ferreira como secretario xeral e preto dunha ducia de novos afiliados que buscarán “reverter o destino de Lobios nas vindeiras eleccións municipais, cun proxecto na procura do cambio político que tanto precisa o municipio”.

Te puede interesar