Rebulir busca candidatos aos Premios Cultura Galega 2023

Festival internacional de Rebulir. 
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Otra edición del Festival internacional de Rebulir. Foto: Xesús Fariñas

Os interesados en participar nos Premios Cultura Galega 2023 poderán facer as súas propostas ata o 17 de xuño, a entrega será en decembro

A Asociación Rebulir de Ramirás abriu o prazo para a presentación das candidaturas para os Premios Rebulir da Cultura Galega 2023 nas categorías de Música galega, Artes Escénicas/Patrimonio e Homenaxe. 

Dous son as principais novidades desta edición. Por unha banda, a inclusión dunha nova categoría que se refire a “Mención especial” para algún colectivo que velase polo mantemento, difusión e posta en valor da cultura galega en calquera das súas manifestacións. E a outra novidade é que un membro do xurado será a “candidatura popular” equivalendo a un voto no marco desta comisión. Así, aquela candidatura máis votada en cada unha das categorías contará con esa puntuación.

As propostas poden envialas colectivos ou particulares -non podendo candidatarse ninguén a si mesmo ou a un colectivo do que forme parte- a través do formulario que se pode descargar na páxina web, sendo a data límite para recibilas o día 17 de xuño de 2023. Unha vez recibidas todas as propostas, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quenes son os premiados nas diferentes categorías.

A gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de decembro de 2023, no Complexo Multiusos do Picouto durante a celebración do acto central do Festival Internacional Rebulir.

Te puede interesar