RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
Xosé Luis Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín e Fuxan os Ventos foron os galardoados dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2022. Logo das dúas primeiras xornadas de actividades paralelas, a gala central celebrouse en Ramirás, completando o aforo do pavillón Picouto.
O evento estivo conducido polo actor e productor verinense Rubén Riós e pola comunicadora limiá Patricia F. Santana. No transcurso da gala actuaron os grupos Zes Pereiras, de Portugal; Coros y Danzas de Huéscar, de Andalucía; Inanga Rapa Nui, de Chile; e Ritmos e Costumbres, de Perú; ademais do grupo local, Rebulir.
Á gala acudiron diferentes autoridades estatais, autonómicas e provinciais entre as que se encontraban Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade; Emilio Afonso, subdelegado do Goberno estatal en Ourense; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Rosendo Fernández, vicepresidente primeiro da Deputación; María Baleato, subdirectora da Secretaría Xeral de Emigración; e Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás, entre outros.
O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín recibía o Premio Homenaxe, que recolleu o seu amigo Xoán Carlos Domínguez. Outro dos momentos cume da gala foi a entrega do Premio Música Galega ao grupo Fuxan os Ventos e tras eles, os artistas Alba Faro e Álvaro Pérez interpretaron “O carro” e “Sementeira”. Miguel Ángel Santalices entregaba o Premio Artes Escénicas a Celso Fernández Sanmartín “Celsiño”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
Lo último
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Bruselas alerta de una posible crisis energética “sin precedentes”
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno