Últimos días para inscribirse na edición de 2022 de Raigame

Despois de dous anos, a romaría voltará as rúas de Vilanova dos Infantes 

O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dependente da Deputación Provincial de Ourense, pechan este domingo día 13 de marzo o prazo de inscrición para poder participar na edición 2022 da Romaría Etnográfica Raigame, que se viña celebrando anualmente co gallo do Día das Letras Galegas cada 17 de maio. Despois de dous anos, a romaría voltará as rúas de Vilanova dos Infantes nunha xornada adicada a medicina rural, nunha homenaxe aos vellos sanitarios que exerceron no rural e tamén á labor do colectivo nestes dous anos de pandemia.

Aquelas persoas que desexen seren protagonistas dalgún dos espazos, tanto de interior como exteriores, que porá á súa disposición a organización, poderán descargar os formularios de solicitude das páxinas www.raigame.es ou www.celanova.gal e tramitar a súa inscrición a través do rexistro municipal.

Te puede interesar