LEER ES UN PLACER
Un ajuste de cuentas con lo real
Para empezar, en castelán a etimoloxía de “huraño” é transparente. É, evolucionada, a palabra latina “foráneo”, o que é de fóra, ao que se lle apoñen, como tantas veces, defectos de comunicación ou rareza. En galego tería que ter dado a palabra “furaño” que non existe nin nunca existiu porque as linguas non son fotocopias. Tamén, moi semellante, a forma latina “extraneo” de extra, de fóra, que deu “estraño”, esa si, común co galego.
A min, a verdade, fáiseme costa arriba chamarlle “túzaro” como indican os correctores, pois temos moitas outras formas de cualificar ese comportamento. Os tradutores din que o castelán “huraño” correspóndese en portugués con “tímido”. Váleme ben mellor ca “túzaro”. Pero tamén me valerían, cos seus matices, claro, outras varias palabras galegas como fusco, arisco, esquivo, bravo, apartadizo... Para min, túzaro non entraría neste campo, senón no de testán, testudo, montaraz, animaliño, etc. En todas as linguas temos moito onde escoller para teimar na “fotocopia” dunha palabra a outra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LEER ES UN PLACER
Un ajuste de cuentas con lo real
ACUERDO CON WARNER BROS
Harry Potter hace magia por sus 25 años y llega a las plataformas de streaming en gallego
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Retrato del criminal víctima
Lo último