¡Buone visioni!

Cando o documental supera a ficción

Operacion.jpg_web

Cada vez as series documentais están a tomar máis protagonismo na oferta das plataformas dixitais. É un formato que empezou a estar de moda a finais do 2019 e o seu contido crece. As biografías de artistas recoñecidos ou de deportistas de elite son unha das vertentes deste formato que, xunto coas series sobre a natureza e os documentais históricos, son case sempre gañadoras. Pero as series de true crime, ou as que abordan e investigan temas controvertidos, incluso as que buscan relatar un personaxe popular desde múltiples puntos de vista, son as que cada vez espertan máis o interés do público e da crítica. Series documentais de innegable éxito como Wild Wild Country (2018), A los gatos ni tocarlos (2019), Jeffrey Epstein: asquerosamente rico (2020), ou Tiger King (2020), só por citar algunhas, son exemplo dun formato que empezou a evidenciar a súa orixinalidade. Mentres tanto, as producións máis recentes demostran que este modelo é un territorio, en boa medida, aínda por explorar.

España empezou a apostar con decisión polas series documentais de forma máis tímida. Pero o éxito abrumador de obras como El pionero (2019), El desafío: ETA (2020), ¿Dónde está Marta? (2021) ou Nevenka (2021), demostran que hai unha demanda de público moi considerable que valora moi positivamente este formato.

Unha das últimas series documentais que podemos atopar en Amazon Prime Video é Operación Marea Negra: La travesía suicida. O polifacético cineasta galego Luis Avilés, que xa demostrou o seu talento na non ficción de Os días afogados (2015) e Idénticas (2019), cóntanos en 4 capítulos, de 45 minutos cada un, a historia do primeiro narcosubmarino interceptado en Europa. 26 días de travesía surrealista que acabaron na costa galega, precisamente na ría de Aldán (Pontevedra). Avilés, apoiado polo guionista Camilo Franco e o escritor Javier Romero conta, con abundacia de detalles e entrevistas, como por exemplo a forma na que se fabricou o semisumerxible. E as 3.500 millas de océano que os tres tripulantes surcaron desde o Amazonas, con tres toneladas de cocaína, e cun mozo galego campión de España de boxeo amateur ao mando da embarcación. A serie documental céntrase nesta historia, pero tamén aproveita para facer unha análise máis global sobre o lado máis oculto do narcotráfico. Ademais de ensinarnos as principais rutas e as embarcacións utilizadas, Operación Marea Negra: a travesía suicida deseña con rigor o escenario menos coñecido do narcotráfico marítimo, sen esquecer a vertente humana, a crueldade e a deshumanización relacionada con ese negocio.

Operación Marea Negra: A travesía suicida acompaña a ficción Operación Marea Negra, dirixida por Daniel Calparsoro, e protagonizada por Álex González, Nuno Lopes, Luis Zahera e Nerea Barros, entre outros, e sempre dispoñible en Amazon Prime. Despois do visionado de ambas, non se pode ocultar que o documento real segue a superar con creces a ficción.

Te puede interesar