A institución académica ultima a publicación en Internet do seu novo dicionario

O conselleiro de Cultura ofrece 'colaboración' na súa primeira visita institucional á RAG

El conselleiro de Cultura y Educación, Jesús Vázquez (d), se ha reunido esta tarde con el presidente de la Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín (c).

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, ofreceu á Real Academia Galega (RAG) a 'colaboración' do departamento autonómico, na súa primeira visita institucional á sede desta institución tras a fusión das consellerías de Cultura e Educación.

Pola súa banda, coincidindo con este acto, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, avanzou que a academia ultima a publicación en Internet do seu último dicionario que espera ter dispoñible na rede 'nuns días', segundo precisou.

En declaracións aos xornalistas, Jesús Vázquez, que na súa visita estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, subliñou o papel da RAG como elemento 'vertebrador' do país e, aínda que admitiu a existencia de 'discrepancias' nalgunhas ocasións, ofreceu un 'contacto permanente' e 'colaboración'.

Ao respecto, incidiu na situación de crise 'que marca os pasos', pero recalcou que as relacións coa institución galega serán 'sempre cordiais e de respecto', engadiu.

TRABALLO 'en SILENCIO'

Pola súa banda, o presidente da RAG recalcou a importancia do 'respaldo económico e moral' da Xunta, ao tempo que puxo de manifesto o traballo 'en silencio e incansablemente' que desenvolve a institución académica.

Así, avanzou que 'dentro duns días' teñen previsto que estea dispoñible en Internet o último dicionario da institución, unha iniciativa ao que se suman outros proxectos sobre gramática ou as onomásticas.

Te puede interesar