CURIOSIDADES EN LA SEMANA SANTA
¿Qué comieron Jesús y sus apóstoles en la Última Cena? Lo que revelan los Evangelios y la ciencia
Todos coñecemos o verbo “cumprir”. É máis, todos coñecemos os, de feito, dous verbos cumprir. Un é o que fala de realizar o que está ordenado o que se espera. Digamos, por exemplo, “Cumpriu co dito”. O outro é o que ten que ver co que é necesario ou conveniente. “Cumpría que botases unha man” é moito mellor que ese calco do castelán “Facía falla que...”. O caso é que estes dous verbos homógrafos, que se escriben igual, comparten a maioría da conxugación, agás unhas poucas formas. Así, no segundo, no de ser preciso, dicimos “Cómpre que acaba a pandemia” e para iso “Cómpren moitos esforzos”, ou “Ti cómpres hoxe aquí, non marches”. Ou sexa, nesas tres persoas do presente de indicativo é con o, no resto non, “Eramos seis e cumprimos todos para mover o coche”. Leva acento para non confundir estes os abertos cos os pechados do verbo comprar: “Compre -adquira- vostede no comercio local”. Pero o outro verbo, o de realizar o ordenado, conxúgase sempre regular. Así, “El sempre cumpre co que promete”, “Ti cumpres as túas promesas”. En fin, cómpre non confundir as cumpre e cómpre. E cómpre vostede no comercio local. Seguro tamén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CURIOSIDADES EN LA SEMANA SANTA
¿Qué comieron Jesús y sus apóstoles en la Última Cena? Lo que revelan los Evangelios y la ciencia
¡BUONE VISIONI!
Portobello
LOS LIBROS QUE LEO
Un diccionario como un arma subversiva
Lo último