SUSPENDIDO EL UD OURENSE-CORUXO
El Estadio do Couto todavía no está disponible
No puede disimular ni sus ganas ni su sonrisa. Tampoco lo pretende. Calos Canal Blanco (Xinzo, 2001) cuenta las horas para debutar con el Movistar Team. Porque en el ciclismo hay una élite dentro de la elite. Y ahí ha llegado el limiano, al mejor conjunto de España y de los mejores en el mundo. Un lugar que conoce Raúl Rey (Ourense, 1936), el único ourensano que corrió el Tour de Francia. Tres veces. A los dos los reunió La Región. Pasado, presente y futuro de una vida sobre ruedas. Un trayectoria que reserva lo mejor para Canal.
O sábado en Valencia e o domingo en Castellón. Como afronta as primeiras carreiras co Movistar Team?
Moi ilusionado, ao final hai moito traballo detrás, xa co equipo dende novembro facendo a pretempada e intentando estar ao máximo nivel posible. Pero ata que non estás competindo, non sabes como estás respecto aos demáis. Quero ver ata que punto estou ben e cal é o meu sitio no equipo.
Como xorde a súa fichaxe co mellor equipo de España?
Foi todo bastante natural. Xa tiña falado con Eusebio Unzué en anos previos e había unha relación de interese. E este ano, no que me foi bastante ben e din un paso adiante no ciclismo, xa me dixeron que se iba todo normal e seguía na mesma liña tería un sitio no Movistar. E xa na metade de tempada, confirmamos. Moi feliz, un alivio e moita satisfaccion porque ves que todo o traballo feito da os seus froitos. Chegar á primeira liña do ciclismo e ver todas as portas que se che abren… Estar nun lugar que che permite disputar as mellores carreiras do mundo e, no día de mañá, incluso correr todo un Tour de Francia.
Unha oportunidade de ouro e tamén maior responsabilidade. Que obxectivos lle marcan para este ano?
Dame moita tranquilidade que é un equipo que traballa sen presas. Non queren resultados xa. Contan comigo coma un proxecto a longo prazo. Esperan de ti unha evolución. Para este este ano me dixeron que o fixera o mellor posible pero que intentase aprender, adaptarme á categoría. E ao mesmo tempo confían en min e déronme un calendario moi bo, con tódalas clásicas do calendario e empezamos esta fin de semana.
E logo aínda faltan os pratos fortes da primeira metade de tempada.
De Valencia e Castellón marcharei rumbo a Mallorca para dous días de competición. Logo a Arabia Saudí. Volverei a casa pouco máis dunha semana, e me tocará correr en Portugal, Jaén, O Gran Camiño, antes dos pratos fortes que serán as clásicas máis coñecidas. Empezarei na Strade Bianche e despois Milán-San Remo, para rematar coas clásicas máis importantes, que incluirán se todo vai ben o Tour de Flandes, París-Roubaix, Lieja-Bastoña-Lieja o la Flecha Valona. Correrei os monumentos do ciclismo. É impresionante. Iso mostra a confianza que teñen en min e a presión que sinto para facelo ben e cumplir coas expectativas
Xa tivo pretempada e convivencia con homes como Mas ou Quintana. Que sentiu?
Moi bo ambiente. Impresiona un pouco porque chegas a un nivel donde todo o mundo é o mellor no seu. Non hai un respiro. No momento que te relaxas un pouco, quedas atrás. Ao estar rodeado de xente tan boa, oblígaste a subir o nivel. Pensas ‘eu teño que estar igual que eles’. Pero fora diso imaxinaba un pouco máis de tensión ou seriedade. Pero dentro desa profesionalidade no traballo, a verdade é que o ambiente é espectacular. Sentinme como na casa. E aparte esa sensación de ambición, de querer estar ao nivel desta xente. Estar adestrando e ir falando con Nairo Quintana, ti contando a túa vida, e él a súa. Ir con eles, apretando, facendo series. Penso que non se pode aspirar a máis.
Antes pasou polo Burgos BH e polo Euskaltel. Nota que chegar ao Movistar ten maior repercusión para vostede a tódolos niveis?
Moita máis. O ciclismo non é o fútbol, pero ao Movistar todo o mundo o coñece. De forma global, incluso fóra dos afeccionados puros ao ciclismo. A xente xa pon cara digamos ao equipo no que ti estás. Dende hai 10-12 anos que non había un ciclista galego no World Tour así que é algo importante. Ao final, dentro do que eu poida aportar, representar á provincia e se animo e incentivo a que os rapaces teñan unha referencia no ciclismo, que vexan que se pode chegar a vivir deste deporte e motivarse con iso. Non é o mesmo ver as carreiras pora tele que ver a un profesional pasar por diante. É algo que acerca moito o ciclismo á xente e me ilusiona moito.
Este 2024 non tocará o Tour para vostede.
Ao Tour de Francia está claro que corredores van a ir. Non esterei. A alineación é fixa, incluso ficháronse ciclistas xa con vistas ao Tour. A Volta aínda é a que está sen pechar, porque non se poda planifcar a tan longo prazo, pode haber baixas, estados de forma... No caso do Giro, coincide coas clásicas así que non cuadra. Non me preocupa. Creen que o podo facer ben noutro calendario.
Entón con que soña nesta campaña?
O soño este ano, e sei que é difícil de lograr, é facer un top-10 nunha das clásicas belgas. Verme aí diante sería algo incrible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUSPENDIDO EL UD OURENSE-CORUXO
El Estadio do Couto todavía no está disponible
SOLVENCIA Y FUERZA
Mauro Dorado, del Celanova: “San Rosendo debe ser un fortín”
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”
Lo último
RELACIONES INTERNACIONALES
Cantabria explora nuevas oportunidades comerciales con El Salvador
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 5 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 5 de febrero, en Ourense