"Jácome crea o Concello de Ourense S.A.D.", sinala o BNG

photo_camera Rhut Reza, concelleira do BNG.
Dende a formación nacionalista acusan ó alcalde de actuar "como lobista de intereses privados desde o despacho de alcaldía"

Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense a súa última nova en materia deportiva de "ofrecer asilo" a un clube foráneo para que dispute os seus partidos como local na nosa cidade "deixa claramente ao descuberto que Jácome actúa como lobista de intereses privados desde o despacho de alcaldía, amparando proxectos que por desgraza deixaron un infausto recordo se falamos de C.D.Ourense ou mesmo tentativas semellantes noutras cidades non tan lonxanas, e non, e tal e como se lle presupón, polo cargo que ostenta, de defensor e impulsor dos clubes da propia cidade", sinalaron dende a formación nacionalista.

Desde o BNG instan a Jácome a adique toda a súa enerxía a reclamar investimentos diante da Xunta de Galicia para que Ourense deixe de ser a "cenicienta de Galicia tal e como sempre afirma", para reclamar do Estado unha intermodal digna, para evitar perder a subvención da Praza de Abastos nº 1 ou mesmo para captar investimentos dos Fondos Next generation. Cuestións prioritarias e verdadeiramente útiles para Ourense, afirman os nacionalistas.

Igualmente, o BNG trasladoulle esta mañá na reunión semanal do Consello Municipal de Deportes ao concelleiro delegado Mario Guede, unha batería de preguntas relacionadas co anuncio feito onte polo alcalde e relativas a: está o concelleiro delegado de deportes ao tanto da operación anunciada onte pola alcadía de que un clube de fútbol foráneo viría xogar a Ourense?, avala esta operación? A Xunta de Galicia, propietaria do Estadio de O Couto autorizaría a que un terceiro equipo empregase esa instalación?, Cales son os termos, condicións e custe económico para as arcas municipais de que este clube foráneo veña a Ourense?. Como se conxuga voltar ás subvencións nominativas para que os clubes de Ourense sexan máis competitivos ao tempo que agora queren meter un clube foráneo na cidade?.

Para o BNG resultaron "tremendamente sorprendentes" as respostas do concelleiro delegado de deportes Mario Guede, quen afirmou que esta cuestión era "un tema personal del alcalde. Yo no he intervenido en nada".

Ao mesmo tempo Guede afirmou que "las explicaciones de la nota de prensa hay que pedírselas al alcalde, yo no estoy capacitado para hablar de este tema, no he participado".

Te puede interesar