Decana Facultad de Educación

Mercedes Suárez Pazos: ’Aspiramos a incrementar a nosa proxección pública’

Mercedes Suárez Pazos.
Para aportar a súa experiencia na xestión de centros, Mercedes Suárez Pazos, profesora de Pedagoxía da Facultade de Educación, dirixe dende hai uns días o decanato, nun período que califica de ’interesante y crítico’.
¿Como xurde a idea de presentarse a decana da Facultade?
Levaba moitos anos con cargos de responsabilidade como vicedecana e teño experiencia na xestión de centros. Preséntase un período interesante e crítico e pensei que era un reto xestionar unha facultade que ten que facer o deseño de catro novos grados (Infantil, Primaria, Educación Social e Traballo Social) e a implantación do posgrado sobre a Diversidade para o próximo curso. A miña foi a única candidatura pero o equipo decanal renovouse na metade de membros porque non podiamos permitirnos o luxo dunha renovación integral neste intre pola complicación da adaptación ao Espacio Europeo de Educación Superior. Tamén somos un equipo paritario con tres homes e tres mulleres.



O primeiro será o deseño dos novos plans de estudo consensuados cunha dinámica xa novedosa de por sí. Ao mesmo tempo debemos manter o bó funcionamento desta facultade, a mellor valorada dende o punto de vista da docencia no curso pasado dentro da Universidade de Vigo. Tamén queremos incrementar a nosa proxección pública e a implantación do primeiro posgrado da organización xa dentro do espacio europeo, o de ’Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos’, cuia matrícula abrirase xa a finais de curso ou en setembro, con trinta plazas e con participación dunha trintena dos nosos profesores.



Somos unha das básicas do Campus de Ourense e esto é complexo porque superamos os 1.500 alumnos, temos máis de cen profesores e profesoras e impartimos sete titulacións distintas. Resulta atractiva porque temos catro títulos diferentes de Maxisterio, moi relacionados co emprego público. Tamén ven xente doutros campus universitarios porque Linguas Extranxeiras e Educación Especial só a temos en Ourense. Traballo Social e Educación Social son titulacións moi consolidadas e relacionadas con ámbitos laborais sen risco e institucional e emerxente, respectivamente. Nas dous temos límite de prazas. Psicopedagoxía, de segundo ciclo, ofrece a posibilidade de alcanzar una licenciatura para quen quere mellorar ou promocionarse.



Os que temos son de difícil solución porque veñen dados polas características do propio edificio que ocupamos. Un alto custe de mantemento no tocante á temperatura ou luminosidade. Non podemos abrir ventás e funcionamos co aire acondicionado porque tampouco se poden facer remodelacións externas. A adaptación ao Espacio Europeo traerá consigo grupos máis reducidos e máis profesorado e fará falta máis espazo. Hoxe o edificio está rentabilizado ao cento por cento con titulacións fundamentalmente en horario de mañá e outras no de tarde. Ademáis o compartimos con Historia e tamén estamos abertos á comunidade externa a través de seminarios. Outro reto e favorecer a existencia de alumnos semi-presenciais grazas ao uso de plataformas virtuais.

Te puede interesar