Aberto o prazo para participar nos desfiles do Entroido de Verín
ENTROIDO
Haberá dous pases, un celebrarase o domingo, día 23 de febreiro, e outro o martes de entroido -día 25 do mesmo mes-
Todas as persoas que, cos seus disfraces e carrozas, desexen participar nos dous desfiles que se celebrarán na vila de Verín con motivo do Entroido deberán inscribirse previamente na Oficina de Información Turística do municipio en horario de mañá -de 10,00 horas a 14,00 horas- ou de tarde -de 16,30 horas a 20,00 horas-.
A data límite para facelo será o vindeiro mércores, día 19 de febreiro, ás 14,00 horas. Ese mesmo día, a partir das 20,00 horas, celebrarase unha reunión por parte da organización durante a que se decidirá, ao seu criterio, a orde do desfile do que se realizarán dous pases. Un deles terá lugar o vindeiro domingo, día 23 de febreiro e, o segundo, será o martes deEntroido -25 de febreiro-. A saída do domingo producirase ás 12,00 horas e a do martes ás 16,30 horas.
Dende o Concello de Verín puntualizaron que as comparsas ou carrozas que participen no desfile deberán estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída para que a Organización poida colocalos na súa posición. O punto será a avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.
Aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da n-525 chegando ata a Rotonda da Casa do escudo se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito agardando a que o desfile remate para ir ao seu destino. É "importante" que deixen sempre un carril libre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
Manifestación multitudinaria
Verín mobilízase para reclamar mellor atención sanitaria
DERBI EN PRETEMPORADA
El Antela inaugura el curso ante el Gran Peña
SENTENCIA JUDICIAL
Condenado por un hurto en un hotel del centro de Ourense
Jorge Vázquez
LA OPINIÓN
Líbero