RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
ENTROIDO 2020
A tradición, diversión e o colorido chegan a Viana do Bolo cunha das citas máis importantes do ano: o Entroido. Dende o 13 ao 26 de febreiro, Viana estará inmersa na celebración dunha festa arraigada na zona e que cada vez atrae a máis xente: o Entroido.
Durante case dúas semanas, Viana do Bolo disfrutará dos boteiros e o son das súas esquilas, así como dos fulións e dos desfiles das carrozas. Todo isto, sen esquecer a gastronomía, xa que o Entroido de Viana inclúe a Festa da Androlla, que este 2020 celebra a súa 50 edición.
Consulta todas as datas e actividades do programa do Entroido de Viana do Bolo:
13 de febreiro - Xoves de Compadres
Mañá: visita dos fulións ao CEIP Bibei e á residencia da terceira idade de Viana.
Noite: fariña, cea de compadres e fulión. Tras a cea, ás 00,00 horas, terá lugar a "colga do Lardeiro".
15 de febreiro
Sábado de disputas en Viana. Pola mañá chegan a Pixeiros e Solveira, mentras que pola tarde trasládanse a Caldesiños.
20 de febreiro - Xoves de Comadres
Mañá: os alumnos do CEIP Bibei desfilan disfrazados polas rúas de Viana.
Noite: fariña, cea de comadres e fulión. Ás 00,00 horas, terá lugar a "colga da Lardeira".
21 de febreiro
Venres de fulión en Viana. Veciños e visitantes recorren as rúas da vila disfrazados
22 de febreiro
Sábado de disputas en Viana. Pola mañá, turno en Penouta, mentres que pola tarde será en Punxeiro.
A xornada continúa á noite con fulión e moita troula nas rúas da vila.
23 de febreiro - Domingo Gordo
12,00 h - Desfile dos Fulións, Boteiros e Carrozas ata a praza Maior
Comida popular con motivo da Festa da Androlla no pavillón municipal, na que ademais da androlla, os asistentes degustarán alimentos como consomé, grelos lacón ou bica.
Noite: diversión e música nas rúas da localidade
24 de febreiro - Luns dos cativos
16,00 h - Fulión infantil, no que non faltarán xogos tradicionais, música e unha gran chocolatada
Noite: fulión trapalleiro
25 de febreiro - Martes de Entroido
Mañá: desfile dos Fulións ata Cabo da Vila
Tarde: Gran Fariñada e Fulións polas rúas da vila
00,00 h - Queima dos Lardeiros e concurso de disfraces. A noite continúa coa música dunha discomóbil
26 de febreiro - Mércores de cinza
O Entroido despídese co enterro da sardiña. Recorrido polas rúas de Viana ata Cabo de Vila, onde haberá unha sardiñada popular
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SI SE PACTA CON MERCOSUR “empezará la guerra”
Los tractoristas piden una nueva reunión o amenazan con bloquear "carreteras principales": "Ourense no es la única perjudicada"