Tempo de Entroido

Laza despide o Entroido co Testamento do Burro

photo_camera Laza despidió esta tarde su Entroido con la lectura del Testamento do Burro. Se despide así después de varias jornadas en las que los peliqueiros desfilaron por las calles de la localidad.
Os Peliqueiros saíron á rúa para decirlle adeus a este Entroido atípico

Laza, con menos control policial, despide o seu Entroido máis singular e diferente cumprindo coas tradicións: os Peliqueiros deron as últimas carreiras na Picota e o Testamento do Burro non faltou á cita.

Este martes a Praza da Picota encheuse co son dos chocos e coa emoción daqueles que pasaban por alí para despedir o seu Entroido. 

Para rematar a celebración, procedeuse a ler o Testamento do Burro, que este ano trouxo peculiaridades: de maneira online. Sobre ás 19:30 horas os veciños de Laza escoitaron o Testamento do Burro dende as súas casas, mentres que os máis entroideiros e, ás carreiras, os Peliqueiros puideron oílo na Picota, para que, así, Laza puidera chorarlle ao seu Entroido ata para o vindeiro ano. 

Las pantallas en Xinzo

Este martes, o Entroido notouse en pequena escala noutros concellos da provincia. É o caso de Xinzo de Limia, no que as pantallas sairon a rúa para mostrar que esta celebración está moi viva a pesar das restricións. Tampouco a chuvia impediu que as pantallas levarán a felicidade as rúas da vila limiana. 

Voda da Pita y Barbadás

Na cidade, moitos cidadáns non dudaron en disfrazarse ao longo do día para saír a rúa neste martes de Entroido. En Eiroás non quedaron sen "Voda da Pita", pero este ano tivo que ser on line debido as medidas para frenar os contaxios de coronavirus. Tamén foi virtual o desfile de Entroido do concello de Barbadás. Un evento con máis de 65 inscripcións e que tiña premio. 

Troula en Melón

O virus tampouco impediu un pouco de troula en Vilaverde (Melón). Alí, un grupo de veciños, con distancia de seguridade e mascarilla, recorreron vestidos para a ocasión as súas rúas. Non faltaron os bailes, as risas e as ganas de pasalo ben. 

Melón 16/2/21
Entroido de Vilaverde en el concello de Melón

Fotos Martiño Pinal

Comparsas en Maside

Tamén se mantiveron as medidas de seguridade no recorrido que fixeron este martes algunhas comparsas polas rúas de Maside. Os participantes, sen medo a mollarse pola chuvia, levaron alegría os seus veciños. 

Maside 16/2/21
Ambiente entroido en Maside y entrega subvenciones a las comparsas locales

Fotos Martiño Pinal

Te puede interesar