O monte galego do futuro camiña “cara a neutralidade carbónica”

As axudas financiarán tratamentos para a prevención dos danos causados polos incendios nos bosques.
photo_camera As axudas financiarán tratamentos para a prevención dos danos causados polos incendios nos bosques.

O 69% da superficie do territorio galego é forestal. As masas dedicadas á produción de madeira supoñen o 4% da superficie arborizada dedicada á produción de madeira en España e nela prodúcese máis do 50% da madeira cortada no Estado.

O Consello da Xunta aprobaba o 30 de setembro de 2021, como Decreto, a 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG) 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”, que contempla un investimento de 4.900 millóns de euros no monte galego nos próximos vinte anos.

A Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, apoia o desenvolvemento do sector forestal galego mediante diferentes liñas de axudas. 

-Accións silvícolas: As axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais contan, na súa última convocatoria deste ano, cun orzamento de 13,12 millóns de euros, que permitirán actuar en 7.000 ha de superficie. Como novidade, financiaranse accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, especificamente en exemplares de piñeiro do país, piñeiro insigne  e piñeiro negral  nas en A Coruña e Lugo.

-Superficies forestais: As axudas deste ano para a creación de superficies forestais con frondosas e coníferas suporán un investimento de 7,75 millóns de euros en arredor de 4.000 hectáreas de monte galego.  A finalidade é fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas unicamente con coníferas e frondosas, favorecendo o aumento tanto da diversidade como da superficie forestal arborizada, ao tempo que se reduce o risco de incendios.

-Instrumentos de ordenación ou xestión forestais: As axudas contan cun orzamento de algo máis de seis millóns de euros para este ano e o vindeiro. A nova convocatoria publicouse tras constatar que a superficie galega baixo instrumentos de xestión ou ordenación forestais se incrementou un 65% desde o ano 2018. Deste xeito, pasou de roldar as 233.000 ha ordenadas a superar as 385.000 no pasado exercicio grazas, en boa parte, ao impulso promovido por estas achegas, convocadas en 2018 e en 2020. A finalidade desta liña de achegas é facilitarlles aos propietarios que dispoñan dunha ferramenta técnica coa que organizar os seus recursos forestais e que garanta unha xestión sustentable do monte. 

-Boa gobernanza dos montes veciñais: A última convocatoria destas achegas (2021), supuxo un investimento de 6,1 millóns de euros, que beneficiaron un total de 1.056 comunidades de toda Galicia. Con estes fondos subvenciónanse as actuacións referidas ao apoio técnico para a xestión forestal ou á xestión administrativa e técnica para o desenvolvemento dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados, entre outras cousas.

Te puede interesar