EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
FEIRA DO VIÑO DO
Xa está aquí una nova edición da Feira do Viño do Ribeiro que este ano alcanza a súa 61ª edición. Ata o vindeiro domingo o recinto da Alameda en Ribadavia (Ourense) voltará a ser o escenario de múltiples actividades coas que promocionar o viño da denominación máis antiga de Galicia.
Neste ano participarán un total de 36 adegas e colleiteiros que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os días do evento.
O público deberá mercar a súa copa na caseta de venda de copas (na entrada do recinto) e, posteriormente, visitará as casetas das adegas onde poderá optar por degustar os viños mediante a proba, copa ou por botella. Cada opción terá un prezo diferente que marcará cada adega.
A principal novidade desta edición reside na zona gastronómica, que contará con dous ambientes diferenciados. Por un lado, un restaurante con capacidade para 150 persoas, que ofrecerá tres menús diferentes a escoller, e no que se poderá reservar previamente tanto para xantar como para cear. Por outra parte, tamén haberá un espazo denominado “Zona de Tapeo”, que contará cunha pulpeira, cun posto de queixos de todo o mundo e cun posto de Coren, onde se ofertará comida variada e complementaria para aquela xente que acuda sen reserva ou que queira acompañar os viños con algo de comer.
Entre as principais actividades destacan os showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, RibeiroBUS (rutas turísticas nun autobús antigo polos viñedos e patrimonio do Ribeiro), a cata popular, actuacións musicais en sesión nocturna tralo peche do recinto, zona infantil, Botella Xigante,visitas guiadas ao Castelo e ao Museo do Viño de Galicia, etcétera.
O programa de actividades comezou onte cunha cata popular no locals social da Madalena a partir das 16,00 horas. Xa pola noite, o público puido desfrutar, fronte ao castelo de Ribadavia do concerto da banda Greenwater, unha banda tributo a Creedence Clearwater Revival, a partir das 23,30 horas.
Na xornada de hoxe haberá catas populares ás 12,00 e as 16,00 horas e actividades enogastronómicas durante todo o día como un obradoiro de cociña a cargo de Xosé Magalhaes, cociñeiro do Restaurante Ceibe, ou o de Gonzalo Pose, cociñeiro de Argentinos Casual Food. A actuación musical do día será a Bafana Bafana ás 23,30 horas.
Os obradoiros da xornada do domingo serán o de Víctor Lobejón, cociñeiro do restaurante Anaco e o de Saul Torrado, gañador do concurso Talento by Abril.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último