440.000 millóns de euros para novos proxectos audiovisuais galegos
AYUDAS AL SECTOR AUDIOVISUAL
As contías adxudicadas para o audiovisual galego distribúense entre 16 empresas do audiovisual galego para preparar 11 longametraxes de ficción, tres documentais, unha de animación e catro series
O audiovisual galego contará con 440.000 euros para a posta en marcha de 19 novos proxectos de cinema e televisión que, segundo a resolución publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais, resultaron beneficiarios da convocatoria anual de subvencións da Xunta ao desenvolvemento de proxectos neste sector. Contribuirase con este investimento á fase de preprodución dos próximos traballos de 16 produtoras galegas, entre os que se atopan 11 longametraxes de ficción, unha de animación, tres documentais e catro series.
As contías concedidas destinaranse a tarefas anteriores á rodaxe dos títulos subvencionados como a escrita do guión, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación ou elaboración de materiais promocionais, entre outras.
Máis de 6,8 millóns de euros para apoiar todo o proceso audiovisual
Esta é unha das nove liñas do programa de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ao sector para este ano 2024, a través das que se convocaron máis de 6,8 millóns de euros para dar cobertura a todo o proceso audiovisual: desde estes traballos de preprodución, o impulso ao talento e á escrita de guións, ata a produción e rodaxe, pasando pola promoción do noso cinema en foros de negocio e mostras internacionais ou o labor das salas de cinema e os festivais.
En canto a estas subvencións ao desenvolvemento de proxectos, na modalidade A para futuras longametraxes cinematográficas de ficción, as propostas apoiadas son A raíz, de Miramemira; Síbaris, de Treboamedia; Detrás de la luz e Vin a noite que nunca remata, de Filmika Galaika; Salvaje, de Esnatu Zinema; Karbo CF, de Cósmica Producións; A morte nos teus ollos, de Sétima; Segundones. Un show que nadie Vi(g)o venir, de Ficción Producciones; Sombra que cae, de Zeitun Films; Os reis imaxinarios, de Cristela Torres Nine, e Cinzas, de Ollo Vivo.
Floreano, de Ensenada de Ézaro Films, é o proxecto seleccionado na modalidade B de longas de animación, mentres que Mulleres en rede, de Undodez Producións; Lebrescura, de Rebordelos, e A memoria da auga, de Abano Producións, resultaron beneficiarios na categoría C para longametraxes de cine documental.
En canto á modalidade D para series tanto de ficción como de animación, reciben axuda Pipo, de Undodez Producións; Enoki e Snip, de Artyc Content; Nexo, de Voz Audiovisual, e Liros, de Ficción Producciones.
Para a concesión destas subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, avaliáronse aspectos referidos á promoción do novo talento e da igualdade no ámbito da creación galega, a autoría novel, a solvencia da produtora ou o impacto do proxecto no sector audiovisual galego. Tamén se tiveron en conta a orixinalidade da proposta, a súa calidade e a traxectoria do equipo proposto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
1.500 MEJORES UNIVERSIDADES DEL MUNDO
Las universidades gallegas resisten en el ranking mundial y la UVigo gana peso en el QS 2027
ESPACIOS LIBRES DE VIOLENCIA
La Xunta refuerza la igualdad y seguridad en los festivales de Galicia con puntos violeta y arcoíris
Lo último
IRREGULARIDADES CON FONDOS DE LA UE
Nueva investigación en el caso Begoña Gómez: el juez Peinado amplía la causa con dos posibles delitos