Besteiro advirte que os cambios na Xunta serán “cosméticos”
DEBATE DE INVESTIDURA
O líder do PSdeG lamentou a “falta de impulso político e de ambición” mostrada polo candidato do Partido Popular
O portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tachou de “moi decepcionante” o discurso ofrecido polo candidato popular á investidura e considerou que os cambios na estrutura do goberno da Xunta só serán “cosméticos”.
Besteiro lamentou a falta de “impulso político e de ambición” mostrada polo candidato do PP nun discurso que, na súa opinión, parecía máis propio dun debate do Estado da Autonomía que dunha investidura. Neste sentido, o tamén secretario xeral do PSdeG asegurou que os primeiros 35 minutos do discurso supuxeron un “ataque constante” ao Goberno central no que definiu como “unha actitude pouco edificante” que parece indicar que “vai seguir na mesma liña da lexislatura pasada”.
Así, Besteiro censurou que Rueda volva atribuír a “responsabilidade de todos os problemas” ao Estado sen “asumir ningunha”. Considerou que Rueda non foi claro á hora de definir cales son os proxectos estratéxicos. E asegurou que aínda que aceptan a posibilidade de chegar a acordos tratouse dun ofrecemento “pouco concreto”. No que atinxe á estrutura da Xunta, Besteiro dixo que os cambios responden “a efectos puramente cosméticos. Non vexo unha evolución positiva nin unha estrutura sorprendente”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HASTA EL 30 DE SEPTIEMBRE
La Xunta avanza que el sistema de alertas frente al calor se activará a partir de junio
Lo último
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero