AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
REVISIÓN DAS PRAZAS DE ABASTOS
Dispoñible durante os próximos meses na sede da Fundación RIA en Santiago, "Prazas de abastos" destaca a importancia dunha das actividades máis sinxelas e directas: a venda de comida, unha transacción necesaria que tamén ten o potencial de ser celebrada máis aló da practicidade.
A mostra parte da seguinte reflexión: “Os nosos mercados son equipamentos públicos cunha importante función social e económica nas nosas vilas e o noso territorio, conectando produción e consumo locais. Con todo, enfróntanse a cambios sociais e presións económicas", defenden dende a Fundación RIA
As prazas de abastos forman parte da nosa identidade e queremos protexelas pero, como protexer a súa actividade e o seu carácter social máis aló do propio edificio e a súa arquitectura?, comentan dende o equipo do arquitecto David Chipperfield
A praza de abastos é tradicionalmente un espazo público destinado á venda de produtos, onde se poden atopar artesanías, alimentos e outros bens. Este lugar convértese nun punto de encontro para a comunidade, promovendo o comercio local e a interacción social.
Nestas prazas, os vendedores ofrecen os seus produtos frescos e elaborados, creando un ambiente vibrante e cheo de vida. Agora, moitos deles viven un momento de transformación e revisión.
"Non debemos limitarnos a facelos rendibles converténdoos en destinos turísticos ou establecementos gastronómicos, senón insistir en que sigan desempeñando un papel cada vez máis importante nas relacións entre a comunidade, o medio ambiente e a actividade económica. As prazas de abastos forman parte da nosa identidade e queremos protexelas pero, como protexer a súa actividade e o seu carácter social máis aló do propio edificio e a súa arquitectura?”, afirman dende o equipo del arquitecto David Chipperfield.
Acompañando esta exposición, a sede da Fundación RIA acolle tamén unha programación especial que amplía esta reflexión a través de proxeccións, charlas, experiencias gastronómicas, visitas guiadas e moito máis. Este xoves, a primeira das actividades foi un encontro con María Sánchez, veterinaria e autora de Fuego la sed, que visitou Casa RIA para compartir a súa visión sobre o papel das prazas de abastos e a súa relación co sector primario. Nas próximas semanas continuará un amplo programa arredor desta temática.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
INGRESOS EN LOS HOGARES
El salario solo es el 46% de la renta de los gallegos, el mínimo histórico
INCIDENTE AGRARIO
Muere un hombre tras volcar su tractor en O Corgo, Lugo
Lo último
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España