Miguel Santalices: “A miña intención é publicar un libro coas anécdotas vividas estes anos”
Miguel Santalices Vieira é o novo presidente do Parlamento de Galicia
O ourensán Miguel Santalices Vieira encara a súa oitava lexislaturano hemiciclo autonómico e está á fronte do Lexislativo autonómico desde a marcha da súa antecesora, Pilar Rojo, no ano 2016. Onte tomou posesión do seu cargo recalcando que será a última vez.
Se lle viu especialmente emocionado nesta toma de posesión. Por algunha razón?
Este acto, que foi a cuarta vez no que son elexido presidente do Parlamento, sempre é moi emocionante. Neste caso estaba no Parlamento moita xente de Ourense, familia, xente dos colectivos sociais o que lles teño un gran aprezo. E iso sempre xenera una emoción. Emocionado, pero tranquilo e disposto. Pode ser que máis emocionado que outras veces porque son consciente de que ésta ten que ser a última toma de posesión coma presidente.
Será a última?
Sí, sí. Hai un momento en que aínda que un poida estar moi ben físicamente, hai un determinado momento no que para determinados postos se requiere algo máis de xuventude, máis dinamismo e penso que decir que é a última lexislatura para mín non pode sorprender a ninguén. En algún momento hai que pensar en deixalo.
No seu discurso contou que o seu pai non quería que se adicase a política. Pois leva vostede uns cantos anos. Moito caso non lle fixo.
Meu pai díxomo dende a óptica de que entrar en política suponía acabar cunha traxectoria como xestor sanitario. Tamén me recalcou que dende o momento que entrase en política os meus defectos sairían a luz e serían públicos. Levou un disgusto grande pero eu penso que co paso do tempo tiña que estar contento da miña decisión e da miña traxectoria política.
Oitava lexislatura. Pasaron rápido os anos botando unha ollada ó pasado?
xTan rápido non pasaron. Se empezas a pensar os diferentes momentos que houbo na lexislatura, que os houbo emocionantes, duros, máis tranquilos. Houbo algunha lexislatura que se me fixo máis longa que outras pero teño moitas vivencias e a miña intención está en que cando deixe a política activa, teño pendiente un libro de anécdotas do Parlamento dende as vivencias propias. Teño moitas anécdotas que contar. Non será un libro de pensamento político. Comecei a escribir durante a pandemia diferentes recordos e xa levo 398 anécdotas e vivencias recopiladas, que despois dunha selección poderán ver a luz nun libro. Parte do traballo xa está a feito. Será un libro sen contenido político, unha visión dun home que deixou a xestión sanitaria para adicarse de cheo á política.
Qué espera desta lexislatura. Será das tranquilas?
Unha das cousas que me sinto máis orgulloso é do nivel do respeto dos deputados e deputadas do Parlamento. É certo que hai debate pero nunca se xenerou unha noticia a nivel nacional pola falla de respeto. E outra cousa moi importante é o uso da lingua galega que se fai no Parlamento. Todos os deputados a falan, algo que non pasa en sitios como o País Vasco ou Cataluña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLISIÓN FRONTAL EN BEADE
Muere una mujer al chocar dos vehículos en un accidente de tráfico en Vigo
INCIDENCIAS FERROVIARIAS
Ocho alertas de seguridad en la línea Ourense-Santiago
CONSELLO DE CONTAS
Solo dos ciudades cumplen con zonas de bajas emisiones en Galicia
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, viernes, 20 de marzo