LA REVISTA
La playlist de... Antía Muíño
EU non sei cal será a mellor idade para escribir unha novela. Cervantes era vello abondo cando escribira a segunda parte de “El Quijote”. Sesenta e oito anos, que daquela eran moitísimos. Hoxe, depende, mais se cadra non. Así e todo Álvaro Pombo “rides again”, con oitenta e tres anos nas costas, e unha novela que non soamente ten lugar na Guerra Civil, unha máis, que non é desde logo unha menos, no seu Santander natal, senón que fala da masacre no buque-prisión, o vapor Alfonso Pérez, 27 de decembro do 36, cando foron asasinados nel unha chea de presos de dereitas como represalia polo bombardeo de Santander por avións xermanos ao servizo da causa “nacional”.
A cousa é que entres estes presos había un parente directo de Pombo, militante en Falange Española, fillo -a maiores- dun azañista, abandonado por unha esposa, residente nesa altura en París, adicada a labores de “haute couture”, que aínda que aquí non se diga ben podía pertencer á estirpe aquela das “sinsombreristas” que alumearan a grande ilusión que acompañara á II República. A desfeita conseguinte, a Guerra Civil, que non deixa de producir libros, e a dictadura que veu despois ben a adiviñara Don Manuel Azaña, quen así e todo non deixou a política activa de maneira semellante á do Almirante Cervera quen termara do leme da flota aquela que fora á Cuba do 98, sabedor por antemán do remate: por disciplina. No caso de Azaña, por autiodisciplina. Así a que, presumo, gasta Álvaro Pombo. Quen nesta novela axusta contas co seu pasado, de neno ben dun país mal que estivera a piques do suicidio. Axusta e axeita con primor esas contas nunha novela moi ben contada, que cita a José Antonio Primo de Rivera e García Lorca, nun proceso que non é equidistante. ¿Cómo? Non, a equidistancia é moi pouco doada, mais si é posible a comprensión, o preguntarse, é o que fai esta novela, como se chega á crueldade de bombardear unha cidade indefensa e que a resposta sexa masacrar prisioneiros nas bodegas dun vello vapor.
Para iso, para nárralo fai falla a intelixencia sensible dun dos nosos autores “diferentes”, alonxados do sota, cabalo e rei, ou “café para todos” no que ten mudado a narrativa española. Bravo por Álvaro Pombo (Santander, 1939). Si.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño: “Eu canto para soñar”
APRENDER DEL FRACASO
Félix Revuelta: una vida que inspira a los emprendedores
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior