GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Teresa Táboas (Cidade de México, 1961) é unha arquitecta galega, filla da emigración. Os seus pais, naturais de O Carballiño e Beariz, cruzaron o atlántico na década de 1950 e alí naceron tres dos seus catro fillos, dos que Teresa é a maior. “Como filla da emigración formo parte desa Galicia que sempre ten un pé fóra. De pequenos vivíamos a cabalo entre Cidade de México e Santiago de Compostela”, aclara. Acaba de ser nomeada vicepresidenta da Unión Internacional da Arquitectura (UIA) a organización que agrupa a todas as asociacións e colexios de arquitectos do mundo, un cargo que desempeñará ao longo dos vindeiros tres anos e ao que chega despois de ser decana dos arquitectos de Pontevedra e decana presidenta dos arquitectos de Galicia (COAG). Conselleira de Vivenda e Solo entre 2005 e 2009 defende o papel que a arquitectura ten que xogar para harmonizar o territorio más alá do espazo meramente urbano.
Que lle levou a estudiar arquitectura. Era a súa vocación?
De pequena quería estudiar bioquímica. Tiña xogos de química e gustábanme moito. Pero un día caeu nas miñas mans un libro sobre Brasilia. “Que historia máis bonita”, pensei. Deseñar unha cidade enteira para as persoas e pensando en todo e moi futurista. Aí foi cando dixen “eu quero ser arquitecta”.
E estudia a cabalo entre Cidade de México e Galicia
Efectivamente. Estudiei a carreira en Cidade de México pero doutoreime na Escola de Arquitectura de A Coruña. Dirixiume a tese César Portela e traballei con el case sete anos. Foron tempos preciosos, porque permitíronme traballar non so cun gran arquitecto, senón tamén cunha persoa dunha calidade humana extraordinaria.
Aparte de vivir nesta cidade, é vostede unha gran defensora de Pontevedra como modelo. Por qué?
Porque ten esa escala case perfecta que te permite manter o contacto co territorio, coa natureza, na que se realiza a integración entre o urbano e o rural.
Se pode camiñar, pasear...
E non so iso. É unha cidade na que o espazo público é importante. Como arquitecta sempre defendo o valor do espazo público como un lugar de cohesión social e un lugar onde se poden dar os grandes cambios. De feito as grandes revolucións os grandes cambios sempre se dan nas prazas públicas e Pontevedra é unha desas cidades que máis espazo público recuperou para as persoas.
Vostede sempre defendeu o papel da arquitectura na vida.
Porque a arquitectura é o escenario da vida e os arquitectos temos a grande responsabilidade de deseñar o espazo no que nacemos, que son os hospitais, no que estudamos, colexios e universidades, no que morremos, no espazo polo que camiñamos e ese espazo privativo no que habitamos que é a casa. É unha responsabilidade tremenda.
Acaba de ser nomeada vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura. Que representa para vostede?
Faime moita ilusión porque é algo que te axuda a romper con esa visión eurocéntrica. Porque o centro do mapa depende do país dende que o vexas e se te moves xa non estás no centro do mundo e coñecer o que está pasando noutros sitios é unha oportunidade para aprender e desaprender. Para min é unha honra.
Coincide co 75 aniversario da organización
Así é. A UIA nace en 1948, tralo desastre que supuxo a Segunda Guerra Mundial, cando un grupo de arquitectos reúnese en Lausanne, en Suiza para afrontar o que representou unha guerra na que destrozamos o mundo, destrozamos o patrimonio. E despois da destrución os arquitectos reúnense para pensar na construción do mundo, más alá de Europa. Aí ves, por exemplo cales son as necesidades doutros países como os africanos, ou China.
Neste tempo que nos tocou vivir hai moitos retos por diante, como o ambiental. Que papel xogan os arquitectos?
Un papel moi importante, dando resposta, precisamente, con solucións técnicas a moitos deses retos relacionados coa sustentabilidade, co medio ambiente. Cando era presidenta do COAG asináramos un convenio coa fundación Juana de Vega e creáramos un premio á mellor vivenda do rural, para valorar precisamente o medio rural. Ou o proxecto Terra.
Foi vostede a única conselleira de vivenda que houbo en Galicia, por qué?
Das transferencias recibidas dende o ano 1985 unha das máis importantes foi a vivenda. A competencia é das comunidades autónomas. Cando creas unha consellería de vivenda estás poñendo o foco nesa materia, é que te preocupa a vivenda. Cando a vivenda queda diluída nunha consellería con máis competencias xa estás dicindo que non te importa tanto, que ten un papel secundario.
E vostede que pensa?
O maior investimento do oitenta por cento dos galegos e as galegas é a vivenda. Se hipotecan de por vida. Creo que a vivenda é un elemento importante na vida das persoas.
Acórdome de que vostede puxera en marcha as normas do hábitat
A idea era levantar o listón na habitabilidade das vivendas. Que os patios de luces terán que ser maiores para que entre más luz, que non houbera habitacións de menos de seis metros cadrados…
E agora, cal é o camiño a seguir?
Hai catro ou cinco anos, nunhas xornadas en Zaragoza eu defendera nunha ponencia o que chamaba a clave de Re, xogando un pouco co concepto musical. Entendo que clave na que temos que tocar a música deste tempo e a clave de re: rehabilitar, recuperar, repensar, revolucionar...
Como arquitecta, está traballando en algún proxecto actualmente.
Hai varios, pero destacaría a rehabilitación dun mosteiro do século XI da Ribeira Sacra, en Castro Caldelas, San Paio de Abeleda, para un pequeno hotel con once cuartos, é un proxecto moi bonito. Tiña un hortus conclusus, un horto pechado que imos recuperar cunha rapaza paisaxista.
E pensando no futuro, cal vai ser o reto da arquitectura?
Entender que non se pode falar de chan urbano e rural, separados. O Territorio ten que ser a cidade e o que sustenta a cidade, que inclúe o rural porque aí é onde se crea a enerxía, os alimentos, a auga… todo o que necesita a cidade para existir. As cidades non poden vivir de costas ao rural. As cidades teñen que ser máis conscientes do que consumen e do impacto que teñen. No caso de Galicia hai máis consciencia porque o rural está moi cerca. Todo depende, como dicíamos antes, das escalas. E nós estamos nunha escala na que a relación do territorio é máis sustentable, tamén porque hay máis conexión entre a cidade e o rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
UN PROFESIONAL COMPLETO
Lucky Seoane, un compromiso con el bienestar emocional a través del cuidado personal
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
Lo último
CESIÓN DE PROPIEDAD INTELECTUAL
Disney invierte 1.000 millones en OpenAI y cede 200 personajes para usar en inteligencia artificial
INTELIGENCIA ARTIFICIAL EN WEBS
Google lanza Disco, el navegador con IA que transforma la web