Lista a canalización da canle de San Lázaro en Verín
O Concello de Verín busca ampliar a estrada de Vences dotándoa de beirarrúas en ambas marxes, carrís de circulación amplos e zonas de aparcamento
O Concello de Verín está a traballar nas obras de canalización da canle de San Lázaro, situada no tramo urbano da estrada de Vences, á altura da Casa do Escudo.
Esta actuación, que conta cun investimento de 48.000 euros, está incluída no Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Ourense.
As obras, que finalizarán na xornada deste luns, consisten na canalización da Canle de San Lázaro mediante a colocación de tuberías enterradas, que permitirán a circulación de caudal de auga intermitente ou estacional, e o posterior recheo do resto do foso, nun tramo equivalente a 70 metros de lonxitude.
Ademais, aumentaranse as beirarrúas da estrada de Vences, prolongándose en anchura sobre a zona enchida. Implementarase tamén unha nova zona de aparcamento e prepararase o terreo para executar futuras obras de urbanización.
A intención do grupo de goberno é ampliar a estrada de Vences. Así o explicou Gerardo Seoane, alcalde de Verín: "Para iso é necesario dotala de beirarrúas en ambas as marxes, carrís de circulación amplos e algunhas zonas de aparcamento".
Ante as críticas dalgúns veciños, o rexedor municipal sinalou que "é necesario lembrar que a canle deixou de ter uso ou aproveitamento real, unha vez concluída a vida útil dos muíños que están situados nas ribeiras do río Támega, ao seu paso por Verín".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
EDUCACIÓN VIARIA
Os nenos de Barbadás presumen de bicicleta
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo