entroido

Cea "sabrosita" e noite de Comadres antes da chegada de os chocalleiros

Ata as chicas do Cola-Cao acudiron ao Xoves de Comadres.
photo_camera Ata as chicas do Cola-Cao acudiron ao Xoves de Comadres.

Decenas de persoas reuníronse na Casa de Cultura para disfrutar dun encontro popular amenizado polo grupo Sabrosito

Vilardevós saca peito co seu Entroido cun completo programa festivo que incluirá tres días de festa rachada. 

Onte xoves viviuse a segunda das xornadas coa cea de Comadres, na que participaron decenas de persoas que se inscribiron previamente na perruquería Sarenu e que se celebrou na Casa de Cultura de Vilardevós dende as 21,00 horas. O grupo "Sabrosito" puxo a nota musical para acompañar a comida popular. O menú estivo composto de ensaladilla, pizzas, croquetas, xamón asado, cordeiro con patacas e ensalada, ademais de postres, viño, auga e refrescos.

A vindeira cita do Entroido de Vilardevós será mañá sábado, 3 de marzo. Nesta ocasión serán os "Chocalleiros" os protagonistas que sairán dende O Toural acompañados polo grupo de bombos "O Trebón do Mildeu" que chegarán dende Albarellos. 

Ás 16,30 haberá un desfile dende o campo de fútbol que percorrerá as rúas do pobo e que chegará ata a praza do Cruceiro, onde terá lugar a lectura do testamento. Posteriormente sairán os fachóns e o meco dende o alto do Toural, acompañados pola agrupación "Os Bateladas" de Portugal. 

O grupo "Sabrosito" volverá a actuar na praza do Cruceiro antes da chocolatada.

Te puede interesar