ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Agenda cultural
A obra teatral "O Charco de Ulises", de Santiago Coregoso, chega ao Auditorio de Verín este mércores, ás 20,00 horas. O Centro Dramático Galego representará esta peza, unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico polo seu autor.
Do mar ao océano, de Ítaca a Galicia, de Troia a Buenos Aires e do Mediterráneo ao Atlántico. Dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegosos, "O Charco de Ulises" trata desa viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade de traspasar calquera fronteira.
A obra leva ao espectador a unha relectura do clásico universal de Homero, contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.
As entradas están dispoñibles en ataquilla.com por un prezo de 10 euros. Verín acolle, así, a última función prevista na provincia de Ourense no marco da xira desta montaxe da unidade teatral da Xunta de Galicia. Tras o seu paso polo Barco de Valdeorras, Celanova e Ourense, o espectáculo despídese da provincia para continuar o seu percorrido desta semana cara a Monforte de Lemos, Vigo e Pontevedra.
Fran Paredes e Inés Salvado encarnan os papeis de Ulises e Penélope, encabezando un elenco que completan Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Chusa Pérez de Vallejo e Paulo Serantes, ademais do músico Xosé Lois Romero.
No equipo artístico figuran Pablo Giráldez ‘O Pastor’ no deseño da escenografía, Saturna no de vestiario, Salvador del Río na iluminación, Xosé Lois Romero no espazo sonoro, Ezequiel Merlo na Coreografía Tango, María Costas no traballo de voz, Baia Fernández na caracterización, Carmela Bueno na asistencia de dirección e Xandre Vázquez na de produción e Keka Losada na de produción en xira.
"O Charco de Ulises" estreárase o 14 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago, onde tiña previsto permanecer durante catro semanas de representacións, que tiveron que ser suspendidas no seu tramo final por mor da pandemia.
A súa posta en escena inauguraba, ademais, unha nova etapa na compañía pública, que pospoñía a distribución dos espectáculos de produción propia para reforzar o papel do Centro Dramático Galego como motor escénico a partir da crise sanitaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta