Monterrei presenta a súa iniciativa para realizar o Camiño de Santiago

O domingo comeza a iniciativa, dende Monterrei ata Zos (Trasmiras)

A sala de exposicións Hospital da Trinidade de Monterrei acolleu este venres, ás 11:00 horas, a presentación da iniciativa impulsada polo Concello de Monterrei da realización do Camiño de Santiago por etapas, que comeza este domingo. 

En dita presentación participou José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, Marcos Meno, traballador do concello implicado no proxecto, e Martiño Xosé Vázquez, de Xeitura Patrimonio, que aportarán aos guías turísticos. 

O rexedor municipal contou na cita que "algo que comezou como unha broma que comentamos na realización das andainas saúdables organizadas polo Concello, acabou facéndose realidade", algo co que concorda Meno, que fai fincapé en que "puxemos un límite máximo de 40 persoas dada a situación que estamos a vivir, e a andaina realizarase en grupos de 8 participantes e un monitor, gardando sempre as medidas de seguridade oportunas".

Pola súa parte, o arqueólogo de Xeitura remarcou dous aspectos chave nesta iniciativa: "Atreverse a apostar pola activación cultural cun compoñente deportivo e o importante compoñente cultural que comunica a fortaleza de Monterrei con Compostela".

camiño monterrei-sdc (c.c.)Xosé, Suárez e Meno a entrada da sala de exposicións. (Foto: C. C.)

A actividade, financiada en parte polo Concello e coa colaboración da Denominación de Orixe Monterrei e a Ruta do Viño, ademais da participación de diferentes empresas, ten un custo de 120 euros por participante, para sufragar os gastos de desprazamento, asistencia -Protección Civil de Cualedro e Monterrei- e alimentos.

Así, os participantes comenzarán o Camiño en Monterrei chegando na súa primeira etapa ata Zos (Trasmiras). O próximo domingo un autobús levará aos participantes ata Trasmiras e comenzarán a segunda etapa ata Allariz, e así sucesivamente durante 8 domingos, rematando na Catedral de Santiago de Compostela.

Te puede interesar