FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Ano Xacobeo
O Concello de Monterrei vén de anunciar unha nova iniciativa acorde a este ano Xacobeo. Dende a casa consistorial están organizando a realización do Camiño de Santiago, concretamente o Sanabrés, da Vía da Prata.
Este proxecto dividirase en 8 etapas, cada domingo dende o 11 de abril ata o 30 de maio. A idea é, segundo Marcos Meno, traballador do Concello e organizador da iniciativa, realizar cada domingo un anaco do Camiño ata chegar á Santiago de Compostela.
“A idea xurdiu mentres lle comentaba a un amigo que este ano quería facer si ou si o Camiño, e argallando entre os dous decimos facelo a través do Concello”, conta Meno.
O grupo sairá de Monterrei na primeira etapa, chegando a Zos en Trasmiras, onde un autobús recollerá ao grupo. Na segunda etapa, este bus levara aos participantes ata Trasmiras e alí iniciarán o percorrido ata Allariz, onde serán recollidos, e así en cada etapa sucesiva: Allariz – Ourense, Ourense – Cea, Cea- Dozón, Dozón- Silleda, Silleda- Ponte Ulla e Ponte Ulla – Santiago de Compostela.
A actividade contará con dous monitores, un coche de apoio e un seguro, tendo "un custo mínimo para os participantes", di Meno. Ademais tamén se lles dará froita e alimentos enerxéticos durante as camiñadas.
As prazas para realizar o Camiño son limitadas -un total de 40- e "terán preferencia os empadroados en Monterrei".
Así, dende o Concello promoven un estilo de vida saudable, o coñecemento do patrimonio e da historia, ao igual que a promoción do turismo, a través do Camiño de Santiago.
Non é a primeira actividade enmarcada no eido da saúde física que organiza o Concello de Monterrei. Xa o verán pasado organizaron as “Camiñadas saudables” polo entorno do concello, algo que volverán a retomar en xuño ao remate da realización do Camiño de Santiago.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
CATEDRAL DE SANTIAGO
Un centenar de internos de San Rosendo recorren la Vía de la Plata
OFRENDA DE LAS MADRES
Una tradición ourensana que no deja de crecer en Fátima
PRESUPUESTOS MUNICIPALES
El PSOE llama “titiritada” a las cuentas de Jácome